This blog is hosted on Ideas on EuropeIdeas on Europe Avatar

Tiny Europe

Small is important and often a challenge

Latest

¿Shimon Peres, terrorista ou liberador?: leccións para Galeusca

A finais do pasado mes de setembro finou Shimon Peres (Premio Nobel da Paz, Ex Presidente de Israel e Ex Primeiro Ministro por tres ocasións). Dito motivo provocou, entre outros feitos, un gran número de artigos xornalísticos falando da súa relevancia histórica[1].

Mais analizando ditos artigos ponse o acento especialmente nalgúns elementos da súa vida, resaltado a “súa contribución á Paz”[2]. Pola contra, moito menos era mencionado o seu pasado en Haganá[3].

É interesante observar como ao longo do tempo aqueles grupos, como Haganá, que eran considerados terroristas maioritariamente, na actualidade son considerados “organización defensiva hebrea, que operaba bajo las órdenes de la Agencia Judía para Israel, entre 1920 y 1948, predecesora, junto con otras organizaciones paramilitares, del actual ejército israelí conocido como las IDF o Tzahal” (Fuentes y Pellicer, 2016)[4] [5].

¿Cal pode ser a razón deste cambio? Benjamin Walter (2007) dinos “con quién se compenetra el historiador universal nacionalista. La respuesta suena inevitable: con el vencedor. Pero los amos eventuales son los herederos de todos aquellos que han vencido […] Quien quiera que haya conducido la victoria hasta el día de hoy, participa en el cortejo triunfal en el cual los dominadores de hoy pasan sobre aquellos que hoy yacen en la tierra”.

En definitiva, algúns grupos ou Estados que en determinada época foran considerados terroristas, co paso do tempo deixan de selo por diversas razóns e son aceptados como membros efectivos do escenario internacional en pé de igualdade cos demais Estados[6] [7].

No caso español as cousas sucederon doutro xeito. Primeiramente, cómpre destacar que a inclusión de diferentes nacións dentro dun Estado normalmente da lugar ó predominio dunha nación sobre as demais. O conflito é que o que podería ser unha alternativa teórica admisible (o Estado plurinacional), na práctica normalmente conduce a situacións no que o Estado beneficia a unha das súas parte e discrimina a outras. Mentres que todos os individuos son considerados cidadáns, existe unha discriminación á vez derivada do feito de que o Estado intenta inculcar unha cultura e valores comúns co obxectivo de acabar creando unha soa nación[8].

Ante esta falta de coexistencia entre nación e Estado, hai dúas saídas posibles. O Estado pode ter éxito e acabar absorbendo as diferentes nacións, o que supón a eliminación das culturas minoritarias e rematar sendo un perfecto Estado-nación (véxase Francia). Ou ben, non acabar conseguindo acadar o seu obxectivo e activándose un sentimento de ataque por parte das minorías ante un Estado alleo, o que provocaría que “no son las naciones las que crearon los Estados modernos, sino los Estados modernos los que crearon las naciones, tal como las conocemos” (Palti, 2002). Neste contexto, as minorías nacionais elaboran estratexias de rexeitamento, que pasan pola resistencia cultural e/ou a loita armada.

España é un bo exemplo de dificultade de homoxeneización nacional e que conta cunha resistencia tanto cultural como armada. No caso de Euskadi a resistencia foi dobre debido as accións de ETA. Nos casos de Galicia e Cataluña a resistencia foi e é principalmente cultural. Mais durante os anos 70 e comezo dos 90 foran activas en Cataluña as organizacións Terra Lliure, o Exèrcit Popular Català, o Front d’Alliberament de Catalunya  e o Arxiu. En Galicia, o Exercito Guerrilheiro do Pobo Galego a pesar de pequenas accións esporádicas ou de pouco alcance, demostra como en Cataluña que existía espazo para accións violentas. Recentemente, cabe aínda mencionar que a Audiencia Nacional acusou a outro pequeno grupo galego de terrorista, Resistencia Galega.

¿Que pasa entón para que estas organizacións non se consoliden e entren en decadencia? A resposta é complexa, pero poderiamos afirmar que as novas iniciativas destes grupos para prolongar as súas dinámicas de protesta conducen a unha espiral de violencia-represión-desalento. O pesimismo abre unha fase de apatía tanto sobre o contido das acción como sobre a súa lexitimidade. Deste xeito, os menos que van quedando vanse radicalizando e illando, e a súa utopía decae. Así, comezan a primar formas de protesta máis convencionais integradas no novo contexto político-social (Tarrow, 1991). Prodúcese pois o esgotamento dos movementos polo fracaso da súa estratexia, pola presión do Estado, ou porque obteñen un éxito parcial ou total das súas reclamacións que se institucionalizaron, ou poden converterse nun movemento diferente (Raschke, 1994).

Xente como Shimon Peres non cometeu ditos erros e por iso non son terroristas, senón liberadores nacionais…

 

 

 

“La nación como problema. Los historiadores y la cuestión nacional”, Elías Palti, Bos Aires: FCE, 2002, p.15

“Sobre el Concepto de la Historia. Conceptos de la Filosofía de la Historia”, Walter Benjamín,  La Plata: Derramar Ediciones, 2007, pp. 68-69

“Sobre el concepto de movimiento social”, J Raschke, Zona Abierta, 69, 1994, pp. 121-134

“Struggle, Politics and Reform: Collective Action, Social Movements, and Cycles of Protest”, Cornell Studies in International Affairs/Western Societies Program, Occasional Paper, S Tarrow, Cornell University, Ithaca: Center for International Studies, 21, 1991, pp. 41-56

 


[1] Ó día 01/10/2016 ascendían en Google News a 2.580.000 (procura “Shimon Peres”)

[2] Ascendía (“Shimon Peres + Peace”) a 351.000

[3] (“Shimon Peres + Haganah”) 2.620

[4] A modo de indicador, pódese observar que na biblioteca da Universidade de Georgetown as publicacións de “Haganah + terrorist” aumentan no período 1921-1960 de 625 a 2924 no que vai de 1990 á actualidade, isto é un multiplicador de 4,67. Contra isto “Haganah liberation movement” ascende de 27 a 783, ou sexa, un multiplicador de 29,00.

[6] “En 1993, la mayoría de estos artículos [periodísticos] asocian [el terrorismo] con los musulmanes […] (especialmente Libia[non posteriormente á morte de Gadafi], Irak [non trala execución de Hussein] […] Virtualmente ningún artículo en el NYT o en el WP asocia tal acto con otros actores o lugares de la violencia política en el mundo (por ejemplo, El Salvador), como una forma de exclusividad tópica y léxica que en sí misma expresa una posición ideológica” http://segundaslenguaseinmigracion.com/L2ycomptext/Anlisisideolgico.pdf

[7] Fatah, anteriormente considerado terrorista, é agora visto como un actor relevante nos procesos de negociación.

[8] “Nationalisms”, M Guibernau, Cambridge: Polity Press, 1996

COMMENT

Recent Articles

  • Archives

  • UACES and Ideas on Europe do not take responsibility for opinions expressed in articles on blogs hosted on Ideas on Europe. All opinions are those of the contributing authors.